Jueves, 23 Febrero 2012
Home Normativas Legislación sobre Rebajas
Legislación Sobre Rebajas Imprimir E-mail

 

 

LEI 13-2010 DO COMERCIO INTERIOR DE GALICIA

 


VENDAS EN REBAIXAS


Artigo 38º.-Concepto.
1. Para os efectos desta lei, enténdese por vendas en rebaixas as realizadas por comerciantes en determinadas épocas do ano, xeralmente vinculadas a períodos estacionais e fin de temporada, cando os artigos obxecto destas se oferten, no mesmo establecemento no que se exerce habitualmente a actividade de comercial, a un prezo inferior ao fixado antes das devanditas vendas como consecuencia do remate dunha temporada comercial.


2. Queda prohibida a utilización da denominación de venda en rebaixas en relación con artigos deteriorados, adquiridos para esta finalidade ou que non estiveren dispostos no establecemento para a venda á persoa consumidora final cun mes de antelación á data do seu inicio.


3. Os produtos obxecto de venda en rebaixas non poderán ter sido obxecto de ningunha actividade promocional de vendas no transcurso do mes que preceda á data de inicio da venda en rebaixas.


Artigo 39º.-Temporada de rebaixas.
A consellaría competente en materia de comercio, logo do informe do Consello Galego de Comercio, determinará, mediante orde, os períodos ou as temporadas de rebaixas, que só poderán ser dúas ao ano cunha duración mínima dunha semana e máxima de dous meses.


Artigo 40º.-Condicións.
1. Non se poderá simultanear, nun mesmo establecemento comercial e para o mesmo tipo de produtos, a venda en rebaixas con calquera outra actividade promocional de vendas regulada neste título.


2. As datas de comezo e de remate de rebaixas, libremente elixidas polas persoas comerciantes, dentro do período legalmente establecido, indicaranse en sitio visible ao público, mesmo cando os establecementos comerciais permanezan pechados.


3. Os letreiros e as etiquetas deben exhibir, de forma ben visible, o prezo anterior e o novo prezo ou, en substitución deste último, a porcentaxe de redución.

 

 

CAPÍTULO III

 

VENDAS DE SALDO

 

Artigo 41º.-Concepto.
1. Considérase venda de saldos a de produtos ou artigos cuxo valor de mercado apareza manifestamente diminuído por causa da deterioración, do desperfecto, do desuso ou da obsolescencia deles, sen que o produto teña esta consideración polo feito de ser un excedente de produción ou de temporada.


2. Non se poderá cualificar como venda de saldos a daqueles produtos cuxa venda baixo tal réxime implique risco ou engano para as persoas consumidoras, nin a daqueles produtos que non se vendan realmente por prezo inferior ao habitual.


3. Tampouco se poderá cualificar como venda de saldos aquela na que os artigos non pertencesen á persoa comerciante catro meses antes da data de comezo deste tipo de actividade comercial, coa excepción dos establecementos dedicados específica e exclusivamente ao referido sistema de venda, que serán os únicos que poderán saldar artigos alleos e artigos adquiridos especificamente coa finalidade de seren vendidos como saldos.


Artigo 42º.-Condicións.
1. As vendas de saldos deberanse anunciar necesariamente con esta denominación.


2. A venda de saldos deberase publicitar sinalando, cando menos, as circunstancias e as causas concretas que a motivan; en particular deberase facer constar, de maneira precisa e ostensible, cando se trate de artigos deteriorados ou defectuosos, co fin de seren doadamente identificables polas persoas consumidoras.


3. Os establecementos dedicados específica e exclusivamente á venda de saldos deberano indicar de xeito que sexa claramente visible desde o exterior do local.


CAPÍTULO IV

 

VENDAS EN LIQUIDACIÓN

 

Artigo 43º.-Concepto.


1. Enténdese por venda en liquidación a venda de carácter excepcional e de finalidade extintiva de determinadas existencias de produtos que, anunciada con esa denominación, ten lugar en execución dunha decisión xudicial ou administrativa, ou é levada a cabo pola persoa comerciante ou pola adquirente por calquera título do negocio daquela nalgún dos seguintes casos:
    a) Cesamento total ou parcial da actividade comercial. Para o caso de cesamento parcial terase que indicar a clase de mercadorías obxecto de liquidación.
    b) Cambio de rama de comercio ou modificación substancial na orientación do negocio.
    c) Cambio de local ou realización de obras de importancia neste que requiren o pechamento do local.
    d) Calquera suposto de forza maior que cause grave obstáculo ao normal desenvolvemento da actividade comercial.


2. Non poderán ser obxecto deste tipo de actividade comercial aqueles artigos que non formasen parte das existencias do establecemento ou aqueles que foron adquiridos pola persoa comerciante co obxecto de os incluír na propia liquidación.


3. En todo caso, deberá cesar a venda en liquidación no caso de desaparecer a causa que a motivou ou para o caso de se liquidaren efectivamente os produtos obxecto da venda.


Artigo 44º.-Condicións.


1. As vendas en liquidación deberanse efectuar no mesmo establecemento comercial ou nos locais afectados onde os produtos fosen habitualmente obxecto
de venda, agás nos casos de forza maior, de resolución xudicial ou administrativa que o impida ou cando as causas que orixinaren a devandita venda así o
exixiren, e limitaranse aos artigos que formen parte das existencias do establecemento.


2. Para que poida ter lugar unha liquidación será preciso que, con quince días de antelación, se lle comunique ao departamento territorial da consellaría competente en materia de comercio, con precisión da causa que motiva a venda de liquidación, da data do seu comezo, da duración e da data de finalización.
Deberase exhibir en lugar visible do establecemento comercial unha copia desta comunicación.


3. Os anuncios de liquidación, tanto no punto de venda coma na publicidade que se leve a cabo, deberán expresar a causa desta, así como a data de comezo e a duración da liquidación.


Artigo 45º.-Duración.


1. A duración máxima da venda en liquidación será de seis meses, agás no caso de cesamento total da actividade, que será dun ano.


2. No transcurso dos tres anos seguintes ao remate dunha venda en liquidación, a persoa vendedora non poderá exercer o comercio na mesma localidade sobre produtos similares aos que fosen obxecto de liquidación, por calquera dos motivos sinalados nas letras a) e b) da alínea 1 do artigo 43º.
Tampouco poderá proceder a unha nova liquidación no mesmo establecemento, excepto cando esta última teña lugar en execución de decisión xudicial ou administrativa, por cesamento total da actividade ou por causa de forza maior.


CAPÍTULO V


VENDAS CON DESCONTO


Artigo 46º.-Concepto.


1. Para os efectos desta lei, considérase venda promocional con desconto a que consiste en ofrecer, mediante calquera procedemento publicitario,
incluídos os anuncios expostos no propio establecemento, unha redución sobre o prezo aplicado con anterioridade por unha persoa comerciante sobre un
determinado produto ou grupo de produtos.


2. Os artigos sobre os que se aplique desconto non poderán estar deteriorados ou ser de peor calidade que os que se comercializasen con anterioridade.


Artigo 47º.-Condicións.


A actividade promocional de venda con desconto axustarase ás seguintes condicións:
a) A súa finalidade deberá consistir en potenciar a venda de determinados produtos ou no relanzamento dun establecemento que fose obxecto dunha
importante remodelación física recente, o que se deberá acreditar achegando o oportuno proxecto técnico.
b) Agás no suposto dun comercio remodelado, non poderá ser obxecto deste tipo de promoción máis do corenta por cento dos artigos, entendidos como tipos
de produtos comerciais, existentes no establecemento.
c) O período máximo de duración dunha venda con desconto nun establecemento remodelado será de tres meses desde a data da súa reapertura.


Cando esta actividade sexa dirixida á promoción de determinados produtos, a súa duración non poderá ser inferior a un día nin superior a trinta.


En ambos os casos, os produtos promocionados non poderán ser obxecto de novas vendas con desconto, agás nos establecementos de alimentación.
d) Todo anuncio de venda con desconto deberá especificar a súa duración e, de ser o caso, as regras que se aplicarán. Así mesmo, deberá indicar os produtos
afectados, agás para o suposto de que se desenvolva este tipo de promoción nun establecemento remodelado e de se atoparen incluídos na referida promoción, cando menos, a metade dos artigos postos á venda.


CAPÍTULO VI


VENDAS CON OBSEQUIO


Artigo 48º.-Concepto.
1. Considéranse vendas con obsequio aquelas que coa finalidade de promover as vendas ofertan, ben sexa de forma automática ou ben mediante a participación
nun sorteo ou concurso, un premio, calquera que sexa a natureza deste.
2. Cando o incentivo consista nun sorteo, o disposto nesta lei será aplicable sen prexuízo do establecido na lexislación sectorial correspondente.
3. As vendas con obsequio ou prima repútanse desleais nos supostos previstos na Lei de competencia desleal.
Artigo 49º.-Condicións.
As vendas con obsequio ou prima deberán cumprir os seguintes requisitos ou condicións:
a) Durante o período de duración da venda con obsequio queda prohibido modificar o prezo á alza, así como diminuír a calidade do produto.
b) O número de existencias coas que debe contar a persoa comerciante para afrontar a entrega dos obsequios, así como as bases polas que se rexerán os
concursos, sorteos ou similares, deberán constar no envase ou envoltorio do artigo do que se trate ou, no seu defecto, estar debidamente acreditadas perante notario, e será obrigatoria a difusión das persoas gañadoras dos premios vinculados á oferta.

c) Na comunicación obrigatoria a calquera persoa de que foi agraciada cun premio deberase sinalar clara e expresamente que non se atopa condicionada
á adquisición de ningún produto ou servizo. A comunicación desta circunstancia impedirá que a persoa comerciante poida exixir a adquisición dun produto ou servizo como condición para a entrega do premio.
d) Os bens e os servizos nos que consistan os obxectos ou os incentivos promocionais deberánselle entregar á persoa compradora no momento da compra, ou ben nun prazo máximo de tres meses, que se contará desde que tal compradora reúna os requisitos exixidos. Todo sorteo, aposta ou concurso no que se lle exixa á persoa participante un desembolso inicial estará suxeito á lexislación vixente do xogo, agás que o sorteo ou o concurso se ofreza como obsequio coa compra de produtos.
e) Cando o ofrecemento se realice nos envases dos produtos, o dereito a obter a prima ofrecida poderase exercer, como mínimo, durante os tres meses seguintes á data de caducidade da promoción.
f) No caso de os obsequios ofrecidos formaren parte dun conxunto ou dunha colección, a empresa responsable da oferta estará obrigada a trocar calquera daqueles por outro distinto, a non ser que na oferta pública do incentivo se estableza outro procedemento para obter as diferentes pezas da colección.
g) As vendas con obsequio axustaranse ao disposto na lexislación vixente para a defensa das persoas consumidoras e usuarias e na normativa aplicable en materia de comercio.
h) Considerarase enganosa a oferta de produtos con premio ou regalo cando as persoas consumidoras non reciban real e efectivamente o que sexa de esperar de acordo coa oferta realizada.


CAPÍTULO VII


OFERTA DE VENDA DIRECTA


Artigo 50º.-Concepto.


Entenderase que existe unha oferta de venda directa cando unha persoa fabricante ou comerciante por xunto ofreza os seus produtos ao consumidor ou á consumidora final invocando tal condición.


Artigo 51º.-Condicións.
1. A venda non se poderá realizar no recinto fabril ou almacén, senón que se deberá realizar nun establecemento comercial especificamente habilitado
para tal fin.
2. Queda prohibido que na oferta ao público de mercadorías de calquera clase a persoa vendedora invoque a súa condición de fabricante ou de comerciante
por xunto, a non ser que reúna as circunstancias seguintes:
a) Que, no primeiro caso, fabrique realmente a totalidade dos produtos postos á venda e, no segundo, realice as súas operacións de venda, fundamentalmente
a comerciantes polo miúdo.
b) Que os prezos ofertados sexan os mesmos que se lles aplican ás persoas comerciantes por xunto ou polo miúdo, segundo os casos.

 

http://economiaeindustria.xunta.es/c/document_library/get_file?folderId=11945&;name=DLFE-6442.pdf

 

Attachments:
Access this URL (http://economiaeindustria.xunta.es/c/document_library/get_file?folderId=12345&name=DLFE-535.pdf)get_file[CONSULTA AQUI LA ORDEN "TEMPORADA DE REBAJAS"]55 Kb
Share/Save/Bookmark
 

Your are currently browsing this site with Internet Explorer 6 (IE6).

Your current web browser must be updated to version 7 of Internet Explorer (IE7) to take advantage of all of template's capabilities.

Why should I upgrade to Internet Explorer 7? Microsoft has redesigned Internet Explorer from the ground up, with better security, new capabilities, and a whole new interface. Many changes resulted from the feedback of millions of users who tested prerelease versions of the new browser. The most compelling reason to upgrade is the improved security. The Internet of today is not the Internet of five years ago. There are dangers that simply didn't exist back in 2001, when Internet Explorer 6 was released to the world. Internet Explorer 7 makes surfing the web fundamentally safer by offering greater protection against viruses, spyware, and other online risks.

Get free downloads for Internet Explorer 7, including recommended updates as they become available. To download Internet Explorer 7 in the language of your choice, please visit the Internet Explorer 7 worldwide page.